In Sin categoría

SABIDURIUS é o nome dun xogo de mesa creado por Eduardo Armada e Ramón Trigo, protagonistas da exposición Pantoque, que ocupou as salas da planta baixa do MARCO entre os meses de novembro 2018 e marzo 2019.

Coincidindo co Día do Libro, a Biblioteca/Centro de documentación do MARCO de Vigo invita ao público a participar nunha experiencia compartida ao redor deste xogo, para o que se habilitarán 7 mesas con exemplares do mesmo, na que se poderá participar por quendas, organizadas en grupos de ata 8 persoas.

Lugar: Biblioteca/Centro de documentación do MARCO, 1º andar
Horario: a partir das 18.00
Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade

Dejar un comentario