«Os raqueiros, piratas de terra, aproveitaban as noites sen lúa e acendían fachos na costa para enganar as embarcación próximas, facéndolles crer que seguían o rumbo correcto. De súpeto, os barcos encallaban nunha praia ou estrelábanse contra as rochas e eran atacados polos piratas, que os asaltaban, pasaban a coitelo a tripulación e despoxábanos rapidamente da súa carga»